12 abril 2023

Fisioterapia

O Centro conta cun fisioterapeuta que realiza sesións individuais co alumnado. 

O fisioterapeuta forma parte do equipo multidisciplinar do Colexio, co que traballa de forma coordinada. 


A labor do fisioterapeuta é fundamental á hora de combater e/ou ralentizar a evolución de distintas patoloxías que o alumnado pode presentar, así como o alivio de episodios patolóxicos ocasionais, que poden provocar malestar nos alumnos/as. Con este obxectivo, establécese un plan de intervención individualizado, preventivo, correctivo e de mantemento onde o obxectivo básico é a adquisición dunha mellor calidade de vida do neno/a.